Menu Xerais

Axenda

Presentación en Pontevedra de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O mércores 27 de marzo de 2019, ás 20 horas, na Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Xaime Toxo e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Un conto siciliano e outras historias” de Estro Montaña

O martes  26 de marzo de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Un conto siciliano e outras historias de Estro Montaña. No acto, organizado en colaboración co Ateneo Atlántico, participarán Inma López Silva, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.

Presentación en Allariz de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O sábado 23 de marzo de 2019, ás 12:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lourenzo, 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Emma Pedreira e Fran Alonso.

Presentación en Cangas de “Pioneiras 2″ de Anaír Rodríguez

O xoves 21 de marzo ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal, Praza de San Xoán 10, Cangas, terá lugar a presentación do libro Pioneiras 2 de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. No acto participarán Anaír Rodríguez, Abi Castillo e Fran Alonso.

Presentación en Pontevedra de “A furgoneta branca” de Fina Casalderrey

O mércores 20 de marzo de 2019 ás 19:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A furgoneta branca de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. No acto participarán Fran Alonso, Fátima Ruibal, Lucía Cobo, Fina Casalderrey,  coa colaboración especial do gaiteiro Oscar Ibáñez e a poeta Tamara Andrés.

Presentación na Coruña de “Lúa en Ningures” de Beatriz Maceda

O xoves 14 de marzo de 2019 ás 20:00 horas, na librería Sisargas, San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Lúa en Ningures de Beatriz Maceda, ilustrado por Laura Veleiro. No acto participarán Emma Pedreira, Eli Ríos, Laura Veleiro e Beatriz Maceda.

Presentación en Santiago de “Transmatria” de Daniel Asorey

O martes 12 de marzo de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Transmatria de Daniel Asorey, XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Acompañarán ao autor Susana Arins, Laura Bugallo e Fran Alonso.

Presentación en Lugo de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 7 de marzo de 2019 ás 19:00 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto intervirán Marica Campo e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Festas de presentación en Vigo de “É tempo de entroido” de Ramón D. Veiga e David Sierra

O sábado 2 de marzo, ás 12:00 horas na tenda Wooktown, avenida Camelias, 20 e ás 18:00 horas no Sinatra, rúa Fermín Penzol, 6, terán lugar as festas de entroido con motivo da presentación do libro É tempo de Entroido de Ramón D. Veiga con ilustracións de David Sierra.

Presentación en Santiago de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 28 de febreiro de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto acompañarán ao autor Suso de Toro, Manuel Bragado e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O mércores 27 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. Participarán Laura Tova, Miguel Ángel Alonso Diz e Fran Alonso.

Presentación na Coruña de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 21 de febreiro de 2019, ás 19:30 horas, na Fundación ONCE, Cantón Grande, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Foro Cívico, participarán Manuel Rivas, Antón Luaces, Camilo Nogueira e Fran Alonso.