29 Xuño, 2012
O venres, 29 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, a presentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira, publicado na colección Sopa de libros.
No acto acompañarán ao autor, o escritor Xosé Miranda e o director de Xerais Manuel Bragado.
Ler máis →
28 Xuño, 2012
Na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 20:30 horas.
No acto participarán, Pablo Vaamonde García, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
26 Xuño, 2012
O vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:00 horas, en colaboración coa Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO), terá lugar a presentación do libro Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad. O acto, no que intervirán Xosé Bangueses, Manuel Bragado e a autora, será na sede de FECIMO, Avda de Vigo, 91 baixo en Cangas.
Ler máis →
25 Xuño, 2012
Na Casa do Libro de Vigo terá lugar o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor, Rubén Pérez (secretario de organización do PCG), Alfonso Paz-Andrade (vicepresidente da Fundación Castelao) e Manuel Bragado.
Ler máis →
22 Xuño, 2012
O venres, 22 de xuño, ás 21:00 horas en Ler Librarías, rúa Rosalía de Castro, 32 en Santa Comba, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes.
No acto participarán Isabel Ares, José Manuel López Tuñas, Pablo Vaamonde García, Che Turnes e o autor.
Ler máis →
22 Xuño, 2012
O venres, 22 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Bouzas, rúa do Pazo, 2 en Bouzas-Vigo, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira.
Participarán Gustavo Luca de Tena, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
21 Xuño, 2012
O vindeiro xoves, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar, na Biblioteca Pública Anxel Casal, Avda. Xoán XXIII de Santiago, a presentación do libro As meigas de Lupa de María Solar, publicado na colección Fóra de xogo.
No acto participarán o arqueólogo Xurxo Ayán, Manuel Bragado e María Solar. Ao remate intervirá o cantante Fran Pérez “Narf”.
Ler máis →
15 Xuño, 2012
O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Social de Padrón, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira.
No acto participarán: Malena Barreiros, Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira.
Ler máis →
15 Xuño, 2012
O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, terá lugar o acto de prensentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira.
Participarán: Marica Campo, Manuel Bragado e Xoán Neira.
Ler máis →
5 Xuño, 2012
O escritor Pedro Feijoo participará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011.
A novela «Os fillos do mar» no club Sete vidas
Este martes 5 de xuño o club de lectura Sete vidas pecha a tempada cunha sesión na que falaremos da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, editada por Xerais.
Ler máis →
9 Xuño, 2012
Un total de setenta e tres obras compiten este ano nos dous premios
Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 1 de xuño. Os premios serán fallados o sábado 9 de xuño na illa de San Simón.
Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2012, nomeou aos membros dos dous xurados.
Ler máis →
15 Maio, 2012
Mañá martes, no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova 34), ábrese un Espazo Radioescénico para a presentación e acto de entrega do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego. O acto terá lugar ás 20:00 horas e o acceso sserá libre ata completar aforo.
Ler máis →