Menu Xerais

Bernardino Graña entra Academia Galega

O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas (Avda de Lugo s/nº) terá lugar a sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega con motivo da recepción como académico de número de Bernardino Graña. O autor de Fins do mundo lerá o seu discurso de ingreso Contos populares e Rosalía, que será respondido en nome da Academia por Ramón Lorenzo Vázquez. Desafortunadamente este acto coincide co da entrega dos Premios Xerais na illa de San Simón, dende alí os amigos e amigas de Xerais enviaremos ao admirado poeta e narrador do Morrazo os maiores parabéns.

Comentarios pechados