Menu Xerais

Bonus Promocionus, o novo personaxe de Astérix en «O papiro do César». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a próxima saída dun novo título da aventuras de Astérix, que publicará Xerais en galego: O papiro do César.

 

Astérix. O papiro do César

Coñecéronse onte as dúas primeiras viñetas de Astérix. O papiro do César, a trixésima sexta aventura desta serie memorable de banda deseñada, que estará dispoñible nas librarías de todo o mundo a partir do vindeiro 22 de outubro. A novidade de onte foi a presentación dun novo personaxe, Bonus Promocionus, un malvado asesor de Xulio César que teimará por destruír a aldea gala. Esta entrega, que toma como referencia un dos episodios d’ A Guerra das Galias, o libro escrito por Xulio César, tras Astérix e os pictos, é o segundo dos preparados por Jean-Yves Ferri como guinonista e Didier Conrad como debuxante. Participar como coeditor deste grande lanzamento obriga a respectar confidencialidade sobre os contidos. Por fortuna, os seguidores da serie poden facerse unha idea nos vídeos gravados polos seus creadores.

Manuel Bragado

Comentarios pechados