Menu Xerais

Carlos Callón gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Carlos Callón, autor de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e En castellano no hay problema, do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, cun artigo titulado «Fai teu o galego» que entronca co espírito de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade para chegar a públicos amplos e incidir neles cunha linguaxe clara e sinxela, convidando aos lectores a lectoras a utilizar a lingua galega e facéndolles ver que é sinxelo e só é necesario querer. Destaca a enerxía, positividade e entusiasmo do artigo, que presenta a lingua como unha oportunidade, e apela ao compromiso individual das persoas para falaren galego.
Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.
Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de lingua e literatura galegas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego.

 

Comentarios pechados