Menu Xerais

Chegaron as novelas gráficas: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas e «Marcopola» de Jacobo Fernández Serrano

Manuel Bragado publica no seu blog Brétemas unha anotación sobre a publicación en Xerais de dúas novelas gráficas: Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, e a máis recente, Cartas de Inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.

 

Chegaron as novelas gráficas

Chegaron os primeiros exemplares da novela gráfica de Toni Seijas baseada en Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Creo que Seijas fixo unha adaptación formidable, moi pegaga ao texto de Agustín. Están conseguidísimas tanto a creación das atmosferas do medo e do terror, en base a un traballo soberbio da cor, como a fluidez engaiolante dun relato construído ao xeito das monecas rusas, cartas dentro de cartas. Unha novela gráfica que se engade a Marcapola. A illa remeira de Jacobo Fernández Serrano, o título co que iniciamos a serie “Merlín comic” dirixida aos primeiros lectores de banda deseñada. Quedamos moi satisfeitos co resultado destas dúas entregas coas que recuperamos en Xerais a continuidade publicación de banda deseñada, un xénero que sempre crimos fulcral para a edición galega. Sabemos que, a pesar do tránsito cara a comunicación dixital, hoxe este é o xénero editorial impreso que máis lectores e lectoras gaña no mundo.

Comentarios pechados