Menu Xerais

Chisco Fernández Naval entrevista en «Galicia hoxe»

Baixo o título «Nunca o poder lle fixera tanto dano ao galego na autonomía» Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia hoxe unha longa entrevista a Chisco fernández Naval, autor de títulos recenes no catálogo de Xerais como Níxer ou Para seguir bailando. Fernández Noval confesa que este outono e inverno ten previsto centrarse na novela na que leva traballando cinco anos, «con dificultades que, debo confesar, ata agora non conseguín superar. Será a última oportunidade que lle dea, se non vai desta, gardarei o proxecto no fondo dun armario ata a xubilación.»

Comentarios pechados