Menu Xerais

Comezou a rodaxe de «Todo é silencio», baseada na novela de Manuel Rivas

Onte comezou en Galicia, a rodaxe da nova película de José Luis Cuerda, Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas. A longametraxe, como a novela, relata como un grupo de novos amigos descobre o segredo de Noitía, o contrabando, e admira ao grande capo, Mariscal. A lei é non ver nin oír. A boca é para calar. O vello poder esténdese co narcotráfico e envelénao todo. O destino dos mozos enfróntase con violencia. Queda o refuxio dos recordos e o amor oculto para resistir.

A novela recibiu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro narrativa para adultos, 2010; o Premio Fervenzas Literarias a mellor portada adultos, 2010; o Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010; e o Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa), 2011.

Comentarios pechados