Menu Xerais

Crítica de «Febre», de Héctor Carré, unha historia cinematográfica

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Febre, de

Héctor Carré Méndez (A Coruña, 1960) é director de cine e escritor. Ten traballado como axudante de dirección en diversas peliculas de recoñecidos directores, como Olea, Camús e outros.  No seu haber, como escritor, leva tres novelas con moi boa acollida pola crítica e lectores. Con ’Febre’. obtivo o Premio Fundación Nova Caixa Galicia Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011, que o ’xuri’ outorgou por maioria, e sen rifas. É, sen dúbida, unha novela apta para calquera idade, ben enfiada e con aspectos evidentes de non detestábel “western  moderno’, se esa recreación for posíbel.

A realidade crúa e mesmo doméstica mestúrase coa ficción da posibilidade e as evidencias, onde como nun filme se visualizan a represión, a iuxustiza e a violencia daquel tempodo volframio na Galicia do século pasado. Pasaxes e paisaxes que non pasaron desapercibidas para as escritoras e escritores que afondaron nesa realidade, nese mundo hoxe desaparecido. Os nosos parabéns a Héctor Carré.

Comentarios pechados