Menu Xerais

Crítica de Paula Fernández sobre «Un furacán chamado Otilia»

Dentro da colección O club da ciencia, que acolle títulos de carácter divulgativo e con contido científico, con temas que abordan, de xeito moi ameno, e a través de historias de ficción, o corpo humano, as plantas, o mundo animal, o universo, todos eles da autoría de Víctor Raga, figura tamén Un furacán chamado Otilia, que se ocupa dos elemento atmosféricos: os estados da auga, que é a atmósfera e cantas capas ten, o ciclo da auga, que é o efecto invernadorio, cales son as propiedades do aire, etc.
Paula Fernández fai no Faro da Cultura deste xoves, no Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Un furacán chamado Otilia, que pode lerse completa aquí, e da que extaemos os seguintes fragmentos:

«Os protagonistas, igual que os lectores, adquiren coñecementos que despois facilitarán o entendemento do que acontece no medio que os arrodea e tamén producen neles inquedanzas sobre o efecto da acción do home sobre este e sobre cal debería ser o comportamento do ser humano».

«Dúas compoñentes importantes, pois, para que un libro destas características resulte atractivo para o público infantil e xuvenil e para o profesorado. Para os primeiros, porque a temática é interesante, resulta atraente saber de onde vén un furacán, e porque é inserida de xeito natural nunha historia cargada de humor, e para os segundos proque recolle contidos que fan desta historia un recurso moi útil para as aulas».

«Complétase este exemplar cun experimento para reralizar na casa ou na aula vinculado ao tema tratado na historia. Anímase a experimentar e comprobar».

Comentarios pechados