Menu Xerais

Crítica de Román Raña sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Román Raña publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Subxuntante deseño

Poeticamente conmovedor

Non me equivoco se afirmo que, desde que a Academia Galega dedicou o 17 de maio á figura e mais á obra de Lois Pereiro, remexéronse as tranquilas augas do noso sistema literario e a atención de críticos e lectores, mesmo da sociedade civil, centrouse nun membro marxinal e marxinado da xeración dos 80. O aluvión de obras dedicadas tanto á súa dramática vida como ao seu talentoso lirismo, confírmano sen ningunha dúbida. En case elas todas brillan o entusiasmo e mais a excelencia. E todas desde diversas e plurais perspectivas. O volume que agora nos ocupa, Lois Pereiro. Breve encontro: un achegamento comiqueiro á biografíado poeta, eríxese nun dos
mellores pola súa asombrosa calidade, polos deseños subxugantes, pola cohesión argumental que exhibe, pola súa intensidade visual.
O autor desta fazaña é Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971).
Coñecíamos o labor deste autor de banda deseñada, entre outras, polas súas ilustracións de libros ben diversos (Risco, An Alfaya, Jean Giono). O que agora nos ofrece é dunha calidade artística excepcional. Cada debuxo que acompaña o texto é un tsunami emocional e emocionante. Todo magnificamente estruturado, poeticamente conmovedor. Un fito nos nosos libros máis recentes.

Román Raña

Comentarios pechados