Menu Xerais

Crítica de Vicente Araguas sobre os «Sonetos de Shakespeare»

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego.

Shakespeare alexandrino

Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) vén publicar unha fermosa (dígase xa, tanto de continente como de contido) versión galega dos sonetos de Shakespeare. A edición, titulada “Sonetos de Shakespeare” (Xerais, Vigo, 2011), conta con espléndida maquetaxe, capa dura e todas as posibilidades de vir para quedar.

Ao menos o tempo en que tarde en aparecer outra destas características, que será moito. Razón abondo como para que a Xunta de Galicia tefia contribuído ao esforzo, tan notorio. Gufiérrez Izquierdo, a todo isto, publicou recentemente a traducción destes sonetos ao español, nunha edición (de Visor) que aínda non tiven momento de ler; fareino máis adiante, o que me permitirá cotexar resultados.

Así e todo polo de agora quero dicir que a versión galega destes sonetos semella mol plausible, chea de senso e de música, por mor dos alexandrinos (de seu tan fondos e musicais, perfectos no emprego do hemistiquio) nos que Gutiérrez emborcou os hendecasílabos orixinais.

E por certo que o traductor, demostrando talento lírico e inspiración, optou (no canto da versión en prosa poética ou en verso libre) pola rima, consonante ou asonante, máis bcn a primeira, pura e dura. O que non deixa de ser un fisco máís, unha vez posta en práctica (se o resultado é bo, cal no caso), non podo senon mostrar o meu aprezo polo bcn que resulta no contexto do traballo, delicadísimo, de axuste fino, de Ramón Gutiérrez Izquierdo. Delicado e rigotoso, porque non é que o de Ourense limita o seu labor a traducir este mangado (importante) de poemas. Gutiérrez Izquierdo vai alén de isto e complementao libro con esp]éndidos comentarios que orzan ao lector dun “resopón”, por se despois da festa tirese gañas de máis madeira aínda.

0 traductor e comentarista de Shakespeare demostra así que coñece a súa materia polo miúdo, pero que -ademais- non se corta un pelo á hora de proxectar máis luz riba dela. Mesmo demolendoou arrumbados tópicos sobre asunto tan polémico e “escuro” como o incógnito señor W:H., que tantos ríos de tinta ten botado sobre da figura do bardo de Stratford. Por suposto que a posibilidade de que o inspirador fose un amante de William, quen así tería sido bisexual, porque Anne Hathaway algo pinta neste cadro, suponse, tentou a moitos exéxetas.

Incluíndo aqueles que falaron do duque de Southampton (Henry Wriothesley) como “machaca” de “Will” (cal na película aquela de tantas fermosuras).

En fin, que Gutiérrez izquierdo deixa, ou tenta deixar, moitas destas cousas nídias; sublifiando bcn a distinción do libro entre os poemasdirixidos a un mozo (do 1 ao 126) e aqueles (127 a 154) que tefien como destinataria unha muller. Ben que Gutiérrez Izquierdo deixe claro que non se ten por que tratar da mesma dona. Algo así como en “Veinte de poemas de amor y una canción desesperada”, Marisol e Marisombra ou bótalle fío ao papaventos sentimental nerudiano.

Un libro, esta versión galega dos sonetos shakesperianos, para ler a partir de agora con todo o tempo por diante. Que vai ser moito. Paréceme.

Vicente Araguas

Comentarios pechados