Menu Xerais

Crítica de Vicente Araugas sobre «Non hai noite tan longa» de Agustín Fernández Paz

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Reproducímola integramente:

Volta e volta

Publicitada como a primeira novela para adultos de Agustín Fernández Paz, o que me levaría a discrepancias sobre idades lectoras que requerirían lugar máis axeitado para expoñelas, aparece “Non hai noite tan longa” (Edicións Xerais, Vigo, 2011), título de ofixe shakesperiana, indicativo de que nada é para sempre, ou cousa semellante.
Eis, precisamente, o “leit motiv”desto libro de lectura absolutamente doada e pracenteira, o que non ten por que ser un pleonasmo. Unha historia, a deseñada por Fernández Paz, que nos rala dun home, trasterrado a Francia, que volve á súa vila natal por mor da morte da nai.
Tema do retorno este, tan explotado polo cinema e máis a literatura, que cómpre unha pluma perita, como a do autor vilalbés, para que a cousa ultrapase o consabido “déja vu”. E por certo que non son poucas as referencias literarias ou cinéfilas de “Non hai noite tan longa”, ás veces tan explícitas como a ’As pontes de Madison”, cando se produce o encontró erótico, “malgré lui’, de Milucha e Gabriel Lamas.
Dígase xa que este Lamas é o protagonista da novela, o home que marchara novo a París fuxindo da mediocridade vilega do tempo franquista (1970), mais tamén para non ter que aturar a vergoña da prisión do seu pai, O Mourelo, acusado da agresión sexual a unha rapaza. Gabriel, xa se dixo, volve á vila co gallo da morte da nai-o pai morrera moito antes, consecuencia indirecta da ignominia xudicial con el cometida e cre escoitar a voz paterna pedindo venganza.
Outra vez Shakespeare, a primeira voha vía Macbeth, agota hamletianamente, para alumear un libro que admite tamén unha lectura de xénero. De “thriller”, e non se esqueza que certo Shakespeare pode pedir tal cousa igualmente. 0 que fai que aquí peche a sinopse que comezara pois, como xa se decatería o lector, é a partir de agora onde Gabriel Lamas enceta a súa indigación. Que fai que Agustín Fernández Paz desenrole sobranceira estratoxia coral para ir desefiando toda a caste de elementos relacionados, directa ou indirectamente, co delito atribuído a 0 Mourelo. Sobrancea tamén a habelencia de Fernández Paz para contextualizar a súa historia con libros e películas (xa se dixo) pero tamén canciñns e fitos históricos. Que sirven para que o lector faga por poñerse en 1970 e no ano 2002, que é cando Gabriel Lamas volve a Monteverde, voha e volta, botar adiante a indagación que lle vai permitir vingar a memoria do seu pai. Aquel home sospeitoso para as forzas viras porque viña de familia anarquista e, ademais, fachendeaba de que votara non no referéndum-farsa aquel de 1966, cando o ministro de Información e Turismo era o mesmo home que rexía Galicia cando Gabriel Lamas volta a ela. Por aí tamén os tiros.

Vicente Araguas

Comentarios pechados