Menu Xerais

Crítica de Xosé Carlos Caneiro sobre os «Sonetos de Shakespeare»

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre os Sonetos de Shakesperare, en versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo: «Hai traducións de Shakespeare que son improperios; esta parece mellorar, e desculpen os puristas, a voz do arquetipo», asegura. Para Caneiro, os seus sonetos de Shakespeare, publicados en 1609, «son o cénit artístico dun escritor capaz de revolver aínda hoxe os alicerces da crítica eximia. En galego acaban de ser editados por Xerais. En si mesmo o libro é unha obra de arte: perfecto de edición, claro na súa expresión formal, exacto en proporcións».

A recensión completa pode descargarse aquí.

Comentarios pechados