Menu Xerais

Crítica de Xosé Feixó sobre «Penúltimo dietario», de Neira Vilas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Xosé Feixó sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.

Clásico vivo

Sensible curiosidade

Xosé Neira Vilas é un dos clásicos vivos da nosa literatura. A súa narrativa, ademais do valor literario intrínseco, axudou en gran medida á recuperación do galego. Memorias dun neno labrego bateu récords de vendas e edicións, ata hoxe. Alén diso, ten Neira Vilas páxinas de prosa que son verdadeira lírica, sendo mágoa que non afondase nese camiño. Destaca, asimesmo, polos seus ensaios de investigación lingüístico–literaria sobre a emigración e o exilio.

Agora vén de publicar Penúltimo dietario, libro no que foi rexistrando o máis sobranceiro da súa andaina dende que se asentou en Galicia coa súa muller, Anisia Miranda. Nel sucédense os acontecementos nos que participaron (congresos, inauguracións, presentacións, conferencias…) entre os anos 1993 e 2009, cando falece Anisia. Xustifica o libro n´“O porqué deste dietario”, e o Epílogo é o epílogoda súa dona.

Dun dietario esperariamos algúns elementos e/ou materiais máis, sobre todo porque como o mesmo autor di, “Ese ir e vir dos últimos dezasete anos permitiunos coñecer non só o corpo físico de Galicia senón tamén a idiosincrasia das nosas xentes,o seu xeito de ser,nas diferentes idades, rexións e niveis de cultura, todo moi observado por ambos con sensible curiosidade”. Diso, precisamente, é do que anhelamos ler, Xosé.

Xosé Feixó

Comentarios pechados