Menu Xerais

Cultura audiovisual

Acaba de aparecer o manual de Cultura audiovisual que desenvolve o currículum desta materia de 1º de Bacharelato. Elaborado por José Eulogio Rouco Lamela, profesor do IES Adormideras da Coruña, constitúe a primeira achega didáctica editada en Galicia e en galego sobre unha materia obrigatoria no Bacharelato de Artes e optativa no resto. No noso espazo web pode baixarse a programación xeral e de aula da materia, así como a proposta didáctica.

Aquí pode consultarse en pdf a mostra dunha das unidades e a estrutura e contidos do libro.

Pregamos ao profesorado interesado que se poña en contacto coa Comercial Grupo Anaya.

Comentarios pechados