Menu Xerais

«Dentro da literatura» e «Os corpos invisibles», entre os galardoados na V Gala do Libro Galego 2020. Noticia nos medios e na rede

A V Gala do Libro Galego realizouse este ano 2020 en formato virtual debido ás normas de distanciamento para evitar a expansión da Covid-19.

A Gala está organizada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) e conta coa axuda de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos), Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

O xurado desta quinta edición estivo formado pola xornalista e poeta Ana Romaní, a profesora Anxos Rial, o escritor Antón Riveiro Coello, a poeta Estíbaliz Espinosa, o editor e profesor Manuel Bragado, a tradutora María Alonso Seisdedos e crítico literario e escritor Ramón Nicolás. O xurado celebrou unha reunión telemática para debater sobre as propostas finalistas nas quince categorías (que podedes consultar aquí: http://www.editorasgalegas.gal/finalistas-da-gala-do-libro-galego-2020/) e que corresponden con obra publica durante o ano 2019.

As obras de Xerais gañadoras nesta edición foron:

Ensaio e investigación 
Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia) 

Xuvenil 
Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia) 

A noticia foi recollida polos seguintes medios de comunicación:

 

 

 

Comentarios pechados