Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos

Día 1 de agosto, xoves

20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor.

21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Día 2 de agosto, venres

18:30h.: Francisco Fernández Naval asina exemplares da súa novela A noite branca. Na caseta da librería Arenas.

19:00 h.: Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. Participan Mercedes Queixas, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e o autor.

21:00 h.: A noite no deserto.Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Francisco Fernández Naval, autor d’ A noite branca, publicada por Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicada por Galaxia. Modera: Xerardo Agrafoxo.

Día 3 de agosto, sábado

18:30 h.: Presentación dos libros de Xosé Neira Vilas, Cancela aberta editado por Xerais e Aquel neno editado por Embora. Participan: Manuel Bragado, Miguel Toval e o autor.

19:00h.: Xosé María Lema asina exemplares de Costa do Solpor. Na caseta da librería Nós.

20:00 h.:  Presentación de Raíz da fenda de Berta Dávila Participan: Dores Tembrás, Manuel Bragado e a autora.

20:00h.: Pedro Feijoo asina exemplares d’ Os fillos do mar. Na caseta da librería Nós.

Día 5 de agosto, luns

19:00 h.: Máis Luzes  para Galicia. Xornalismo e cultura en crise. Participan Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

20:00 h.:  Manuel Rivas asina exemplares dos seu libros na caseta da organización.

Día 7  de agosto, mércores

20:00 h.:  Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado e o autor.

20:00h.:  Antonio Seijas asina exemplares de Cartas de inverno. Novela gráfica. Na caseta da librería Nós.

Día 8  de agosto, xoves

12:30 h. :  Espectáculo de títeres da  Compañía Babaluva: Representan a obra Lume, baseada no libro Lume de Alberto Varela Ferreiro.

20:00h.:Jacobo Fernández Serrano asina exemplares da serie de cómics Marcopola. A illa remeira. Na caseta da librería Nós.

20:00 h.:  Manuel Rivas asina exemplares na caseta da librería Couceiro.

Comentarios pechados