Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do venres, 1 de agosto ao domingo, 10 de agosto, terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos:
• Día 1 venres
18:00 h.: Agustín Fernández Paz asina na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h.: Presentación de A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz con Mª Xesús Fernández e Manuel Bragado.
20:00 h.: Presentación do Manifesto O galego: na fronteira da extinción? Organizado pola Revista Luzes e Xerais.
Presenta Iago Martínez Durán. Participan: Manuel Rivas, Manuel Bragado, Xosé Ramón Freixeiro Mato (autor de Estilística da lingua galega e Lingua de calidade), Valentina Formoso (autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico) e Miguel Moreira (autor de Contra a morte das linguas. O caso do galego). Repichoca final de Xurxo Souto “Os Diplomáticos”
21:00 h.: Sinatura de Manuel Rivas na caseta da organización.
• Día 2 sábado
18:30 h.: Rosa Aneiros asina na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h.: María Reimóndez asina na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h.: Presentación de Ámote Leo A. de Rosa Aneiros con Manuel Bragado.
19:45 h.: Presentación de A alternativa está aquí de María Reimóndez con Manuel Bragado.
20:30 h.: Presentación de A voz do vento de Pemón Bouzas con Manuel Bragado.
21:15 h.: Presentación de Contos dos mar de Irlanda de Xurxo Souto con Manuel Bragado.
• Día 4 luns
21:00 h.: Presentación de Pedro Petouto de Xesús Alonso Montero con Manuel Bragado.
• Día 5 martes
19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias de Carlos Negro con Mercedes Queixas e Manuel Bragado.
19:45 h.: Presentación de Kid Salvaxe de Carlos G. Reigosa con Miguel Anxo Fernán-Vello e Manuel Bragado.
20:30 h.: Presentación de Chovida do ceo de Alfredo Conde con Manuel Rodríguez e Manuel Bragado.
21:15 h.: Presentación de Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira con Manuel Bragado.
• Día 10 domingo
18:30 h.: Xurxo Souto asina na caseta de 7 Mares Libros.
Comentarios pechados