Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013.

Xerais ten organizados os seguintes actos:

Día 29 de xuño, sábado

19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.

 Día 2 de xullo, martes

19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor.

19:30 h.: Sinatura-encontro cos lectores de Dragal (A serie do dragón galego) de Elena Gallego Abad. Na caseta da organización.

20:00 h.: Unha lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. Ao remate, Manuel Rivas asinará exemplares das súas obras. Na caseta da organización.

Día 3 de xullo, mércores

18:30 h.: Agustín Fernández Paz asina exemplares dos seu libros. Na caseta da organización.

19:00 h.: Presentación de Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. Participan: Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e o autor.

19:30 h.: Xabier Paz asina exemplares de As vidas de Nito. Na caseta da organización.

20:00 h.: Presentación de Inmateriais de Suso de Toro. Participan: Manuel Bragado e o autor.

Día 5 de xullo, venres

19:00 h.: María Reimóndez asina exemplares. Caseta Libraría Martín Códax.

19:00 h.: Presentación de O señor Corpo quere xogar de Alicia Borrás Sanjurjo. Participan: Manuel Bragado e a autora

19:30 h.: Marcos Calveiro asina exemplares dos seu libros. Na caseta da organización.

19:00 h.: Francisco Fernández Naval asina exemplares. Caseta Libraría Pedreira.

20:00 h.: A noite no deserto.  Un diálogo moderado por Ramón Nicolás sobre a novela e a construción da memoria, con Francisco Fernández Naval, autor de Noite branca, publicada por Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicada por Galaxia.

Comentarios pechados