Menu Xerais

Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial.

Venres 29 de novembro

13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

13:30 horas, Espazo dos nenos: Encontro con lectores  de Manuel Lourenzo González, autor de Flor de area.

19:00 horas, Espazo do libro: Conversa de Luís Rei Núñez, autor de Días que non foron, co xornalista Camilo Franco.

19:30 horas, Espazo do libro: Conversa de Rosa Aneiros, autora de Ámote leo A. Destino Xalundes, co xornalista Camilo Franco.

19:00 horas, Stand Xerais: Manuel Darriba asinará exemplares de O bosque é grande e profundo.

Sábado 30 de novembro

17:30 horas, Espazo dos nenos: Encontro con lectores  de Manuel O’ Rivas, autor d’ O raposo e a mestra, coa participción de Cé Orquestra Pantasma.

20:00 horas, Espazo do libro: Conversa de Pedro Feijoo, autor d’ A memoria da choiva, coa xornalista Teresa Cuíñas.

20:30 horas, Espazo do libro: Conversa de Diego Ameixeiras, autor de Matarte lentamente, coa xornalista Teresa Cuíñas.

Domingo 1 de decembro

12:30 horas, Stand Xerais: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

12:30 horas, Stand Xerais: Antonio Seijas asinará exemplares de Cartas de inverno. Novela gráfica.

18:00 horas, Stand Xerais: Francisco X. Fernández Naval asinará exemplares de A noite branca.

19:00 horas, Espazo do libro: Conversa de Anselmo López Carreira, autor de Historia de Galicia, coa xornalista Montse Dopico.

19:30 horas, Espazo do libro: Presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia a cargo de Manuel Gago e Manel Cráneo.

 

Comentarios pechados