Menu Xerais

Xerais prepara o outono literario

Xerais prepara o outono literario 2014. Un catálogo de excelencia para públicos diversos. Adiantamos o que serán algúns dos títulos máis destacados a publicar nos meses de setembro e outubro.

Na colección Xerais Narrativa publicaranse no mes de setembro O violín de Rembrandt de Jorge Llorca, premio Blanco Amor 2013, e Zapatillas rotas, a agardada novela de Xabier Quiroga. No mes de outubro, ademais de Dende o conflito, a novela de María Reimóndez gañadora do premio Xerais 2014, publicarase A vinganza do defunto de Carlos G. Reigosa, a quinta entrega da serie protagonizada polo detective Nivardo Castro, e Somnámbulos, o libro de relatos que supón o regreso ao catálogo de Narrativa de Suso de Toro.

Na colección Fóra de Xogo publicarase O Gran Reino de Eduardo Santiago, a novela gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil. Outros títulos dirixidos ao público xuvenil serán Os Megatoxos e o dragón de xade de Anxo Fariña, quinta entrega da serie «Megatoxos», e O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo de Jaureguizar, cuarta entrega da serie Tintimán.

Na colección Merlín publicarase Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, a obra gañadora do Prmeio Merlín de literatura infantil 2014, e Volverás, golfiño de Andrea Maceiras, ambos os dous títulos ilustrados por Víctor Rivas. Marcopola 3. Dragoneta! será o novo título de Merlín Cómic preparado por Jacobo Fernández Serrano. Na colección Sopa de libros, Fina Casalderrey publicará Historia da bicicleta do home lagarto, unha novela dirixida para publico de 10 anos en diante. Outras importantes novidades para o público infantil serán os dous primeiros títulos da serie «Formig4s» de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, Formig4s. Misión París e Formig4s. Misión Nova York.

Completan as novidades de setembro e outubro a publicación do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato, coordinado por Xosé Cid Cabido, o Calendario Xerais 2015, dedicado a Xosé Suárez, e o libro Los Suaves. Mi casa es el rock and roll de Javier Domínguez, dentro da serie Extramuros.

Comentarios pechados