Menu Xerais

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

  1. Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria.
  2. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación.
  3. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso. (A arte nunca pode ser pasatempo, Rosa Dixit)
  4. A Inverno, a protagonista, impúlsaa o alento de Homero, como a Ulises na Odisea: a súa é unha viaxe vital salferida por un milleiro de historias a cada cal máis engaiolante.
  5. Polo lirismo da súa escrita; marca da casa, á que xa nos ten acostumados.
  6. Estamos ante unha Historia que calla (como acontece con Veu visitarme o mar ou Resistencia). As primeiras 40 páxinas son inesquecíbeis; dignas de volver a elas unha e outra vez como a calquera das nosas máis entrañábeis lecturas de referencia.
  7. Polos seus Personaxes: sabia mestura de imaxinarios (Inverno) e reais (Felix Muriel/ Dieste; Dona Carme…)
  8. A recreación de escenarios e ambientes históricos é esquisita. (Aldea galega de 1936, a Barcelona da guerra; Francia no 39/40; o Ipanema; Cuba nos 40-50…)
  9. A Desmitificación (Galicia conservadora, franquista, antirrepubliacana)/ mitificación (Galicia progresista, republicana e laica) da nosa historia no século XX.
  10. Rosa Aneiros. Ela mesma, as súas cualidades como persoa. As miñas palabras aquí sobran; quen teña a fortuna de coñecela e testemuña do que digo. Agustín Agra

Comentarios pechados