Menu Xerais

Divertidos e áxiles de ler: «Cincenta e as zapatillas peludas» e «Brancaneves e os 77 ananiños», de Davide Cali

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión sobre os álbums ilustrados Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiñosde Davide Cali.

 

Novembro de libros: contos para días de chuvia

Tamén en Xerais e en formato álbum, desta volta (se cadra) para nenos de menos idade, chegan as traducións dos libros de Davide Cali e Raphäelle Barbanégre Brancaneves e os 77 ananiños e Cincenta e aszapatillas peludas. Considerando que a reescrita do conto clásico desde unha perspectiva paródica e actualizadora xa non pode resultar novidosa, e que o texto conta con algúns tropezos lingüísticos, ambos álbumes resultan, non obstante, divertidos e áxiles de ler, moi interesantes para compartir con eles e elas. Se cadra sobre todo con elas, porque deitan unha mirada de xénero que trata de reverter e poñer en xogo os estereotipos do feminino do conto clásico. Sorprenden ambos contos pola cantidade de conversas que son capaces de suscitar que, ao cabo, non é motivo pequenopara recomendalos.

Berta Dávila

Comentarios pechados