Menu Xerais

Do mellor contista da literatura: «Madonna e outros contos de inverno», de Manuel Rivas. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica do libro Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas.

 

Madonna e outros contos de inverno

Publica a editorial Xerais na súa colección Fóra de Xogo oito relatos de Manuel Rivas xa coñecidos: Madonna e outros contos de inverno. Un libro que ten desde o comezo o éxito asegurado, por ser o autor quen é, para min o mellor contista da Literatura, e porque todos os relatos escollidos teñen “chicha”; o feito de seren seleccionados para esta colección indícanos que consideran -tanto autor como editorial- que os relatos son doados para un lectorado máis novo. Ben seguro. Todos eles contan coa mestría da lingua do noso admirado escritor, esa mestura de poesía e tenrura capaces de espertar o gusto pola arquitectura literaria: a escollas das palabras, os xestos tan definidos, o alcance do noso propio maxín… Todos os temas están neste libro curto: amor, paixón, emigración, tristura, resistencia, rebelión, conmoción… E todos eles tratados con beleza exquisita.

Comentarios pechados