Menu Xerais

Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra

Radiofusión publicou unha información sobre Dolores Redondo, autora das novelas O gardián invisible Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, que forman a exitosa triloxía de novela negra ambientada no .

 

 

Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra

Traducida a vintenove idiomas e con máis de catrocentos mil exemplares vendidos. Eses son os números da triloxia do Baztan, de Dolores Redondo, neta de galegos que se adentra na novela negra enlazando coa paisaxe, as tradicións e as crenzas milenarias de Navarra. “Ofrenda á tormenta” é a terceira entrega dun camiño que se iniciou con “O gardian invisible” e “Legado nos osos”, libros publicados de xeito simultáneo en castelán, catalán, euskera e galego.

A trama de “Ofrenda á tormenta” enguedéllase como as cereixas e avanza trepidante de sorpresa en sorpresa, con reviravoltas que engaiolan ás persoas que se achegan a esta terceira entrega da triloxia do Baztán. Dolores Redondo domina a técnica da novela negra e deixa que a inspectora da Policia Foral Amaia Salazar nos guie polas súas investigacións arredor do crime, as vítimas, e as tradicións e crenzas milenarias de Navarra.

A avoa de Dolores Redondo

“Crieime no porto de Pasaia, nunha paisaxe moi similar á costa galega, e a miña avoa contábame historias que ainda continuan bastante vivas” indica a escritora, neta de galegos. “Os mariñeiros estaban fora de casa boa parte do ano, e as mulleres tiñan que ser fortes, apoiarse unhas noutras, para solventar situacións” salienta a novelista. “As historias de bruxas, aparecidos e os mortos nos cruceiros forman parte da miña infancia e ese relato segue vivo e o debemos recuperar con agarimo”. “Non son moi partidaria de presentar un crime de escabechina, de figado e sangue por todas partes, o meu interese vai para pescudar as razóns das vítimas” precisa Dolores Redondo, unha voz de referencia no mundo da novela negra.

Dolores Redondo, voz de referencia no mundo da novela negra

Comentarios pechados