Menu Xerais

«Dragal» estrea nova web, da man de Elena Gallego Abad

O dragón galego xa conta cunha nova páxina web, con novas seccións e espazos dedicados aos lectores da triloxía de Dragal, da que é autora Elena Gallego Abad.

En www.dragal.eu os lectores e internautas poden atopar referencias ás tres novelas da saga, A herdanza do dragón, A metamorfose do dragón e A Fraternidade do dragón, esta última pendente da súa próxima publicación en Xerais, así como unha galería de imaxes na que se inclúen presentacións, participación en feiras de libros e encontros con lectores de distintos centros escolares galegos.

A nova web de Dragal está concibida como unha comunidade, polo que tamén conta cun espazo para que os lectores podan publicar as súas mensaxes e un apartado de «Páxinas amigas», con enlaces a blogues de numerosos centros de ensino galegos e distintas webs. Dende www.dragal.eu os lectores tamén poden interactuar coa nova páxina de Dragal no Facebook.

No apartado de Prensa-novas recóllese unha escolma de artigos e reportaxes publicados en distintos medios de comunicación, cun enlace multimedia (televisión).

A páxina web quere seguir medrando, polo que a autora da triloxía e deste espazo virtual, Elena Gallego Abad, convida aos seareiros do dragón galego a enviarlle as súas colaboracións, debuxos, relatos ou imaxes relacionados con Dragal.

Comentarios pechados