Menu Xerais

Efectividade e exhaustividade: «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou.

 

Para coñecer a nosa LIX 

Cubrir lagoas é sempre necesario e se se fai con efectividade e exhaustividade o resultado ha ser meritorio. Este é o caso da achega dun equipo coordinado por Blanca-Ana Roig e composto polas investigadoras Eulalia Agrelo, Pilar Bendoiro, Mar Fernández, Carmen Ferreira, Isabel Mociño, Marta Neira e Isabel Soto que dan corpo á primeira monografía de amplo espectro que afonda no estudo da nosa literatura infantil e xuvenil  inspirándose como ferramenta de traballo nas teorías sistémicas que posibilitan non perder de vista, e compendiar, factores autoriais, temáticos ou cronolóxicos. Abórdase así con vontade científica un sector esencial das nosas letras que resulta, polo seu dinamismo, por recoñecementos obtidos e pola súa intensidade alicerce e orgullo do noso sistema literario.

Comentarios pechados