Menu Xerais

Elvira Riveiro estará mañá sábado no Club de Lectura Lendo Contigo, en Gondomar, con «Palabras brancas»

O libro de poesía infantil PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro, centrará mañá sábado 19 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

 

O Lendo Contigo despide o ano 2015 con poesía

O club de lectura compartida Lendo Contigo celebra este sábado, 19 de decembro, a última sesión deste ano, na que nos mergullaremos na poesía coa obra PAlAbrAs brAncAs coa compaña da súa autora, Elvira Riveiro. Achegádevos a descubrir a maxia das palabras á Biblioteca Municipal de Gondomar o vindeiro día 19 ás 12:00 horas. Vémonos!

Na sesión do mes de novembro lemos Vic e Bombona e recibimos dúas visitas moi especiais: a da autora da obra, Sara Barreiro, e a visita da cadela protagonista do libro, Bombona. Sara explicounos como fora o proceso de escrita do libro e tamén nos falou da importancia de coidar os animais e da responsabilidade que conleva ter unha mascota na casa; pero tamén nos ensinou a parte amable de ter unha mascota: unha grande amizade e moita, moita ledicia. Aquí están as fotos dese día.

Comentarios pechados