Menu Xerais

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Compostela

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Compostela a presentación do libro de Carlos Callón En Castellano no hay problema. Noa cto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado. Na promoción da presentación colaboran A Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüistica.

Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. En castellano no hay problema é, en definitiva, un libro útil e operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura.

Esta primeira presentación en Compostela dá inicio a unha rolda de acto arredor do libro de Carlos Callón que proseguirá na seguinte semana na Universidade de Vigo, o mércores 12 no salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución ás 12:00 horas, en  Ribeira, o xoves 13 de maio, ás 20:30 horas na Aula da Rede de Dinamización, e en Paiosaco, o venres 14 de maio ás 20:30 horas.

Comentarios pechados