Menu Xerais

En pixama, escoitando «Cama e conto» na Casa da Lectura de Gondomar

Espazo Lectura centra hoxe a sesión dos mércores da Casa da Lectura, no libro Cama e conto, de Gonzalo Moure.

 

«Cama e conto» na Casa da Lectura

Esta semana, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, asistiremos á dramatización do libro de Gonzalo Moure, Cama e conto (Xerais, 2010). Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou dunha nai contándolle un conto ao seu fillo ou filla.
Nesta ocasión, os nenos e nenas que veñan á actividade poden traer a parte de arriba do seu pixama, porque imos durmir…
A actividade comeza ás 18.30 h e unha hora antes a Casa da Lectura xa permanece aberta para consulta e préstamo de libros.

Comentarios pechados