Menu Xerais

Encántame este «Abecedario ilustrado», de Carles Cano. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Abecedario ilustrado, de Carles Cano.

 

Abecedario ilustrado

Non me preguntedes a causa, pero o certo é que teño especial debilidade polos Abecedarios. Encántame este Abecedario ilustrado que a editorial Xerais nos trae na nosa lingua de Carles Cano con variedade de ilustrador@s (uns cantos galeg@s): Adolfo Serra, Alberto Gamón, Ana Pez, Antonia Santolaya, Carme Solé Vendrell, David Pintor, Emilio Urberuaga, Federico Delicado, Goyo, Gusti, Iban Barrenetxea, Isol, Ivar da Coll, Javier Olivares, Lucía Serrano, María Espluga, Miguel Ángel Díez, Miguelanxo Prado, Mikel Valverde, Nuria Díaz, Óscar Julve, Paco Giménez, Rafael Yockteng, Roger Ycaza, Víctor Rivas, Xan López Domínguez e Ximena Maier.
O libro ofrece unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto en verso, tanto en maiúscula como en letra ligada para que toda a rapazallada poida gozar ao tempo deste magnífico libro. O abecedario sinala a vizosidade da lingua, as promesas das palabras, as letras xoguetonas que agardan por nós para seren mastigadas, utilizadas, ou mesmo emparelladas porque ás veces andan necesitadas de amor.
“Un abecedario! O soño de calquera escritor, poder elixir unha palabra para cada unha das letras do alfabeto. Unha palabra fermosa, sonora, suxestiva, evocadora, imaginativa… A Palabra. Parece doado, verdade? Pois non, non é tan doado…”

Comentarios pechados