Menu Xerais

«Esmeraldina, a pequena defunta», «Marcopola 4. Avoa power» e «O cociñeiro Martiño» encabezan os libros máis vendidos nas categorías de Infantil, Banda Deseñada e Álbum Ilustrado

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de febreiro e marzo a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas.

A categoría infantil continúa encabezada por Ledicia Costas, con Esmeraldina, a pequena defunta. A boa  acollida que está da serie de Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, revalídase mes a mes na categoría de Banda Deseñada con Marcopola 4. Avoa power.  Así mesmo, Iago López e Macus Romero lideran a categoría de álbum ilustrado con O cociñeiro Martiño.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

Comentarios pechados