Menu Xerais

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Gondomar o próximo sábado, con Fran Alonso e Xurxo Souto

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.
Grazas aos versos malbaristas do gato poeta, que inspirou o libro escrito por Fran Alonso e o disco composto por Xurxo Souto, poderemos visitar o mar, coñecer o amor, adentrarnos na noite, xogar coa lingua e ver como a poesía se converte nun globo.

Comentarios pechados