Menu Xerais

«Eu, pel» de Teresa González Costa: a opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre sobre Eu, pel de Teresa González Costa.

 

Eu, pel

Comentario de Issiris Katherine Ramírez Medina

É un libro marabilloso, encantoume porque hai temas onde enfoca que para a sociedade é máis importante a beleza do exterior,o físico, có que somos como persoas, os nosos sentimentos, as nosas virtudes… Non podemos xulgar a unha persoa sen coñecela. No libro demóstrase que si o facemos.

O que máis me gustou foi cando Niki tivo o valor de fugarse da residencia e correr pola súa liberdade, aínda que non fose libre. Gustoume o amor entre dous adolescentes que non poden estar xuntos: é unha historia de amor moi linda.
Dos personaxes do libro o que máis me chamou a atención foi o Innominable, e o maltrato que sofre por parte de seus pais.

Eu, pel

Comentario de Nuno Pérez Fernández


Eu pel é un libro que ó principio fala de dúas historias que parecen totalmente diferentes, pero que ao seguir lendo, ves que esas historias únense ata chegar ao punto de que todos os personaxes coñécense por algunha razón. Dunha banda, unha familia rica e aristócrata con un fillo rexeitado pola sociedade por culpa da súa nai, e por outra parte unha familia de humildes artistas cunha filla adoptada cun don especial para a pintura.

Este libro considéroo unha critica a xente avariciosa e a que critica a outras persoas polo seu físico e non pola súa personalidade, isto vese no comportamento dos pais do “Innominable” e da demais xente que o rexeita de pequeno.

En xeral este libro gustoume bastante máis ó final que ao principio, que me pareceu aburrido.

Comentario de Mariana Carreño

      O libro non podería dicir que fora moito do meu agrado. Custoume moito conseguir acabalo xa que a cada páxina que remataba de ler, tiña que volver atrás, porque non acababa de entender o que acontecía.
     Fíxoseme algo máis ameno cando apareceu Niki na historia, pero aínda así seguía sen chamarme demasiado a atención.
    Dicir que o que entendín foi que o libro ten unha ensinanza, pero, a pesar de intentar interpretala, sigo sin saber cal é.

Comentario de Rocío Souto Presedo

Non me gustou, non me chamou a atención porque non me gustan os libros de misterio aínda que recoñezo que a lectura deste resultoume máis sinxela e fixo que me achegase mellor a el que os outros libros con este tipo de temática.
O que máis me gustou foi o primeiro capítulo.

Eu, pel

Xerais

Este é un libro moi entretido, ao principio non o entendín, xa que trata dúas historias aparentemente diferentes, pero a medida que ía avanzando na lectura do libro dábame conta de como as dúas historias se ían unindo. Engancha moito, aínda que me deu algo de pena o “Innominable”, cando comezas a lelo tes a necesidade de saber que ocorre co rapaz e con Niki.

Eu, pel

Comentario de Noelia Sampayo Iglesias

Abordaremos en primeiro lugar o inmellorable léxico que este libro propón, dende logo que poucos libros a día de hoxe teñen un léxico tan literal e tan culto. Poucas liñas bastaron para darme de conta que a autora quere reflectir á vida dun rapaz que polo vist, tiña un nome un tanto peculiar, e decidiu chamarse a el mesmo Innominable.

O libro está dividido en dúas partes, nunha dela conta a historia del e noutra conta a historia de Niki, unha rapaza á que lle gusta moito pintar, gústalle a arte en xeral.
Se nos preguntasen sobre o Innominable, poderíase dicir que é un rapaz cunha lesión  que el mesmo quere arranxar poñéndose a facer experimentos. Ao longo da historia os dous protagonistas vanse encontrando e van xurdindo novos feitos.
Quen escribiu este texto creo que non se puxo moito no lugar do lector, dende o meu punto de vista. Pese ás dificultades do orden léxico, o libro é recomendable, aínda que hai que ter bastante paciencia con el, porque sinceramente é bastante complexo de ler.

Comentario de Martina Domínguez

Na miña opinión o libro Eu, pel é un libro moi realista.

Digo isto baseándome en varios exemplos, que son representacións do día a día, do noso comportamento. Estas son as metáforas:
En primeiro lugar está a relación entre Víctor, o innominable, e os pais, que representan ás familias desestruturadas nas que viven moitos rapaces, que sofren carencias importantes na infancia, como que se preocupen os pais deles, lles den mostras de afecto… E cales son as consecuencias despois? Pois trastornos que conlevan a facer loucuras como a que fixo o Benefeitor. En realidade el só buscaba encher ocos do que lle faltara na infancia, sentir amor, dor, a aprobación da nai… Pero tomou medidas demasiado drásticas e erróneas. O segundo exemplo é o manipulados que estaban os cidadáns da illa. Adaptábanse a todo, incluso o surrealista reino que fixo o Innominable, eé certo que estaban “drogados” mediante eses baños e os tratamentos que lles facían, pero, aínda así, a xente que non lle afectaba e en certa medida era consciente do que estaba pasando resignábase e non intentaba loitar, eran poucos os que facían cousas como Tomás, Daniel, Niki, Vera…
É na vida real é igual, estan controlándonos a todos nós e en vez de rebelarnos, aceptamos os feitos e non intentamos cambialos.
A terceira metáfora é como xulgaban a Víctor por ter en vez de pel un material estraño e ser feo, que é o mesmo que pasa a día de hoxe. Todos nos cremos mellores ou peores pola nosa aparencia sen darnos conta de que iso cambia e non é nada eterno, ademais de que para valorar ás persoas o primeiro que se debe ter en conta é a personalidade.
 O libro gustoume bastante. Cando o empecei a ler non me encantaba pero dábame curiosidade para seguir léndoo e é moi fácil de comprender. Paréceme un libro ameno, de feito non me levou demasiado finalizar a súa lectura xa que me acabou enganchando.
O que máis me gustou do libro foi a personaxe de Niki, era unha rapaza valente, loitadora e firme ás súas ideas. Ademais tiña unha relación moi bonita con Galean e Saviana, que para ela foron como uns pais. Tamén a que tiña con Tomás, que era moi chamativa, porque o seu principal motivo de unión era a pintura.
O que menos me gustou foi as cousas da historia que eran moi irreais, como os baños ecosensitivos, toda unha illa pintada dun só color con un líquido estraño, as casa unidas…
En resumo, “Eu, pel” gustoume e recoméndoo porque é un libro bonito e moi entretido.

Comentario de Rubén Campelo Camarero

Eu, pel é un libro que entrecruza dúas historias, a de Niki que era unha nena con talento para crear cores e pintar, e a dun rapaz que non tiña pel. Ó principio o libro pareceume que ía ser aburrido, pero en ningún momento souben como ía acabar, é dicir, pouco a pouco o libro foime gustando máis e máis, inda que houbo partes que non comprendín ben a lectura foime amena. Non é o tipo de libros que podo ler, pero foi tan bastante bo respecto a miña opinión inicial.

Eu, pel

Comentario de Aida Vilariño García
Un título tan sinxelo para un libro que me deixou sen palabras. Normalmente os comezos sempre me resultan aburridos pero este non foi o caso, un rapaz rexeitado ao nacer, unha rapaza que perdera os seus pais…
Pero non foi ata as páxinas 190-200 cando me metín totalmente na historia. Apaixoáronme as historias de misterio pero sobre todo as románticas, aínda que este non foi o caso, quero crer que interpretei ben o libro e o misterioso “innominable” sentía algo, por mínimo que fose, pero sentía algo por niki a parte de admiración.
Debían facer unha segunda parte contando como foi a vida de Niki despois de todo o que pasou no castelo.
En xeral gustoume moito pero hai algo que non entendo. Por que cada vez que se refiren ao “Innominable” o poñen en maiúscula? Por exemplo, “El”, “Súa”…

Eu, pel

Comentario de David Núñez Ouzande
Este libro foi bastante raro, xa que trata dúas historias que finalmente se unen. Estas son: A de Niki, unha rapaza que ten boa maña para a pintura, e a dun rapaz que ten un problema de pel e ademais puxéronlle un nome que ninguén pronunciaba ben e por iso chamárono “Innominable”.
O final foi moi connmovedor xa qeu o invento do “Innominable” fai que a felicidade vaia a todo o mundo agás a el, que quedaba co odio dos demais.
O libro gustoume bastante xa que ao principio parece raro e aburrido pero cando se len varias páxinas engancha e o lector ten a necesidade de saber o que pasa.
Eu recomendo lelo, e ata creo que o volverei ler!

Comentarios pechados