Feitos que desafían a razón: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Anotación en Trafegando ronseis
O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A neve interminable, a nova novela de Agustín Fernández Paz.
A neve interminable

O mellor desta obra que vimos de ler, ademais de conter o bo facer de Agustín, é a variedade de historias que nos propón a trama principal, ese xogo de escritos e argumentos para escollermos cal nos gusta máis, unha historia de historias de diferentes voces narrativas que intercalan o que acontece cos contos que escriben @s protagonistas, esa mestura de pantasmas que foxen da soidade, vampiros moi familiares, monstros que ninguén ve e vinganzas eternas. Arredor destas, a tormenta perfecta, a que non ten fin e que sacode a relación cunha natureza que esquecemos respectar pero que sabe -tamén ela- vingar a súa autoridade.
De fondo, unha homenaxe permanente e típica do autor, ao mundo do cine e a autores de referencia como Howard Phillips Lovecraft, Mary Shelley e Lord Byron. Deste último mesmo poderemos ler na nosa lingua o seu poema apocalíptico “Darkness”.
E todo isto xorde do interese de Agustín polas lecturas arredor do “Ano sen verán” en 1816, cunha translación semellante para pór nun lugar illado a un equipo de guionistas en circunstancias climáticas extremas.
Que lles acontecerá?
Comentarios pechados