Menu Xerais

Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado, Premios da Cultura Galega

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2015 recoñeceu onte á escritora Fina Casalderrey na modalidade de Letras con este relevante galardon que concede anualmente a Xunta de Galicia. Ademais, no apartado de artes plásticas foi recoñecido o debuxante Miguelanxo Prado. Estes premios teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país. O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, estivo conformado por representantes das principais institucións culturais e por diversos profesionais do ámbito da cultura.

Fina Casalderrey  (Xeve, Pontevedra 1951) é escritora e mestra xubilada, cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. Para o público infantil publicou, entre outras: “Dúas bágoas por Máquina” (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; “A noite dos coroides” (1993), novela; “Chamizo” (Xerais 1994), novela; “¡Asústate, Merche!” (Xerais 1994), novela; “O misterio dos fillos de Lúa” (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; “O estanque dos parrulos pobres” (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; “Prohibido casar papá” (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; “¡Puag, que noxo!” (1997), conto; “Podesvir” (1997), conto; “Unha raíña negra” (1998), conto; “Cuca e o abrigo marrón” (1998), conto; “Nolo e os ladróns de leña” (1998), conto; “Ás de mosca para Anxo” (1998, Xerais 2002), novela; “Pimpín e dona gata” (1999), conto; “O misterio do cemiterio vello” (1999), novela; “Unha pantasma branca” (2001), conto; “O avó é sabio” (2002), conto; “O avó sae de paseo” (2002), conto; “A avoa non quere comer” (2002), conto; “A avoa ten unha menciña” (2002), conto; “Derradeira carta ós Reis Magos” (Xerais 2002), conto; “Eu son eu” (Xerais 2004), conto; “¿Quen me quere adoptar?” (Xerais 2005), conto; “O meu avó é unha gata” (Xerais 2005); “A lagoa das nenas mudas” (Xerais 2007), novela; “A Pomba e o Degolado” (Xerais 2007), novela; “¿E ti que farías por min?” (Xerais, 2010), conto; “Un saco de estrelas” (Xerais 2010), conto; “O misterio do Faro Vello” (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; “Historia da bicicleta dun home lagarto” (Xerais, 2014).

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é autor de banda deseñada, pintor e ilustrador. É director de “Viñetas desde o Atlántico”, o salón anual de cómic da cidade da Coruña. É autor dos seguintes libros: “Fragmentos de la enciclopedia délfica” (1985), “Sratos” (1987), “Quotidianía Delirante” (1988), “Crónicas incongruentes” (1990), “El manantial de la Noche (Manuel Montano)”, guión de F. Luna (1990), “Quotidanía Delirante II” (1990), “Páxinas Crepusculares (historias inducidas)” (1993), “Trazo de tiza” (1993), “Pedro e o lobo” (1994), “Unha carta atopada en Lisboa” (1995), “La ley del amor”, novela de Laura Esquivel (1995), “Tangencias” (19959, “Quotidanía delirante III” (1996), “Fantasmagories” (2000), “Quotidanía delirante, antoloxía” (2003), “Belo Horizonte” (2003) e “Contos de nadal”, sobre relatos de Manuel Rivas (2003). Ten ilustrados, entre outro, libros de X.L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre. Os seus traballos foron publicados tamén en “La Voz de Galicia”, “Tempos” e “El Dominical”. Creador da mascota e do contorno gráfico do “Xabarín Club”, da serie de animación “Os vixilantes do Camiño”, así como de personaxes da serie de animación “Homes de Negro (Men in Black)” para Columbia Pictures. Polo seu traballo recibiu numerosos premios internacionais.

Ademais de Fina Casalderey e Miguelanxo Prado, tamén foron premiados a actriz María Bouzas, en artes escénicas; o cineasta Ignacio Vilar, na categoría de audiovisual; o Real Coro Toxos e Froles, na modalidade de música; a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, na categoría de lingua; a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, no apartado de patrimonio cultural; e a investigadora Kathleen Nora March, na modalidade de proxección exterior.

Comentarios pechados