Menu Xerais

Fran P. Lorenzo estará hoxe en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, para falar de «Cabalos e lobos»

O escritor Fran P. Lorenzo estará hoxe martes día qde decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar da súa novela Cabalos e lobos.

 

 

O Premio Blanco Amor 2014, no Sete Vidas de decembro

O martes 1 de decembro, o club de lectura Sete vidas despide o ano 2015 falando arredor da novela Cabalos e lobos, a primeira e exitosa novela do periodista Fran P. Lorenzo. Un texto que nos sitúa no escenario de Vigo para desentrañar unha rede de mentiras e silencios protagonizada polos membros dunha familia de empresarios alemáns asentados nesta cidade a finais da 1ª Guerra Mundial.

Fran P. Lorenzo participará na conversa
A sesión comeza ás 20:00h na Biblioteca de Gondomar, e unha hora máis tarde, o propio autor estará na Biblioteca de Gondomar para conversar arredor da súa obra cos lectores e lectoras que queiran achegarse.

Comentarios pechados