Menu Xerais

«Guía ilustrada da Galicia invisible», mapa dos lugares que non existen

A Nosa Terra faise eco, na súa sección de Un libro para cada día, da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, ilustrada por Noemí López. Reproducimos o texto:

Vén no Google Maps Trambelosríos? E Cachiquimbra? Buscamos Gaifar? Todos son topónimos que non teñen constancia nos mapas normais senón naqueles que se deseñan coa imaxinación.

Agora Antonio Reigosa úneos nun só volume, Guía ilustrada da Galicia invisible, que se acompaña das ilustracións de Noemí López. O autor, especialista en cultura oral e popular, percorre esa Galiza máxica seguindo os pasos das moitas lendas que sobre lugares míticos se espallaron de boca a boca durante milenios.

Nomes como Antioquía, a cidade asolagada embaixo da Lagoa de Antela (na Limia), que logo da desecación de hai décadas pasou a ser unha cidade mito dentro dunha lagoa mito.

Lugares como Duio, que supostamente estaba na praia Lagosteira, en Fisterra. Os seus habitantes seica tiñan moitos pecados e acabaron convertidos en pedra logo de que Xesús Cristo pasou por alí.

Paisaxes míticas como a illa de San Barandán, que parecía feita de terra e penedío pero en realidade era o lombón dunha balea.

Comentarios pechados