Menu Xerais

«Historias de Oregón», a novela por entregas de Diego Ameixeiras

Hoxe comeza a publicarse nas páxinas de La Voz de Galicia Historias de Oregón a sexta das novelas de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2011.

Ameixeiras, que acaba de recibir o Premio do Director da Semana Negra de Xixón por Dime algo sucio, considera que Historias de Oregón ten É unha novela que ten moito que ver, precisamente, con Dime algo sucio: «En certo modo podería entenderse como unha continuación, cuns tipos de personaxes semellantes, ao límite, algo marxinais. Vidas cruzadas, tramas paralelas… E tamén polo ton: frases curtas para contar máis con menos. Oregón é o trasunto literario da cidade de Ourense, que, noutras obras de Diego Ameixeiras como Dime algo sucio, xa aparece como paisaxe de fondo. En Historias de Oregón, a narración vai apoiada en tramas paralelas que combinan as súas accións. Ditas tramas recollen asuntos de actualidade, desde os incendios ata os malos tratos. Mesmo nalgún caso ten o mesmo punto de partida que feitos reais sucedidos na cidade de Ourense.

Aquí a primeira entrega. As ilustracións son de Abraldes. Unha boa lectura para todo este mes de agosto. Historias de Oregón será publicada nun volume por Edicións Xerais de Galicia nos vindeiros meses.

Comentarios pechados