Menu Xerais

II Excursión da ruta Costa do Solpor, mañá sábado 20 de febreiro

A AELG informa que mañá sábado 20 de febreiro se realizará  unha nova excursión  a partir da ruta da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.

 

II Excursión da ruta Costa do Solpor, o sábado 20 de febreiro

itinerario ruta CdoS + portada (skaner)O sábado 20 de febreiro, a partir das 09:30 horas, terá lugar a II Excursión da Ruta Costa do Solpor, turístico-literaria, dirixida polo autor da obra, Xosé María Lema Suárez.
Está organizada polo CEFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), o antigo CEFORE (Formación do Profesorado), dependente da Xunta de Galicia, e como tal, dirixida a profesores/as de toda Galicia. A excursión inaugural (con 54 viaxeiros) fora o 17 de outubro de 2015.
Estas van ser as paradas principais previstas para contemplar os itinerarios naturais nos que se desenvolve a novela: saída de Vimianzo ás 9:30 h. >> ruínas do pazo de Boallo (Berdoias) >>> praia da Langosteira (Fisterra) >>> porto de Fisterra e castelo de San Carlos, onde o poeta Alexandre Nerium recitará unhas poesías súas que inspiraron pasaxes da novela ==> punta da Buitra / furna da Buserana / monte Cachelmo >>> xantar nos Muños (Muxía); pola tarde: paso pola Ponte do Porto >>> Alto das Campeleiras (Santa Mariña) e Camelle.
Están apuntados profesore/as de toda Galicia (para un autobús de 50 prazas), non só de lugares máis ou menos próximos á zona (Santa Comba, Carballlo, A Coruña, Santiago) senón de moito máis distantes, coma Ferrol, Ribadeo, Lugo, Ourense, Boiro, Pontevedra, Cangas, Moaña…).

Comentarios pechados