Menu Xerais

«Izan o da saca», de Xabier Quiroga e «Amor en alpargatas», de Manuel Portas, finalistas da XXII edición do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente

As novelas Izan o da saca de Xabier Quiroga, e Amor en alpargatas de Manuel Portas, foron elixidas onte entre as tres finalistas en lingua galega da XXII edición do Premio Literario Arcebispo Xoán de San Clemente, tal e como se soubo na presentación que fixo en Compostela o IES Rosalía de Castro. A outra novela finalista en lingua galega foi As últimas galerías, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo. En castelán, as finalistas son Cicatriz, La oculta y Patria o muerte. En lingua estranxeira as novelas elixidas foron Irene, Xudas e A lei do Menor.

 

 

 

Comentarios pechados