Menu Xerais

Jaureguizar entrevista a Manuel Rivas: «O tema da novela é a loita polo poder»

O xornal El Progreso de hoxe recolle unha entrevista que o escritor e xornalista Jaureguizar lle fai a Manuel Rivas con motivo da publicación da súa última novela Todo é silencio. «Máis ca cocaína, o tema da novela é a loita polo poder», asegura o entrevistado: «Había xente que se encontrou con que podía gañar diñeiro con algo que non era pecado, porque contrabando sempre houbo coas mulleres que pasaban a fronteira preñadas e volvían paridas».

A ese respecto, noutra das súas respostas, Rivas puntualiza: «sabemos quen goberna este mundo, pero non quen o domina».

Rivas asegura que da literatura lle interesa «as relacións de poder e o xeito no que a cultura actúa con prevención civilizadora como instrumento de dominio cun envoltorio perverso». E log engade: «pero non escribo pensando neses efectos secundarios. Como di Miguel Torga, o primeiro deber do escritor é escribir. Escribiría aínda que non me publicasen».

A entrevista pode lerse completa aquí.

Comentarios pechados