Libros de Xerais finalistas nos Premios AELG

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo.
Os libros publicados por Xerais que resultaron finalistas son os seguintes:
Literatura Infantil e xuvenil
Narrativa
- 55, de xavier_queipo
- A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz
- Dende o conflito, de María Reimóndez
- Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.
Poesía
Comentarios pechados