Menu Xerais

Libros máis vendidos en Novembro: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas; «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas; e «O papiro do César», o novo álbum de Astérix

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas. O último día de Terranova, de Manuel Rivas,, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en infantil e O papiro do César, o novo álbum de Astérix, o libro máis vendido en Banda Deseñada.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

Comentarios pechados