Menu Xerais

Literatura contra o paro: «O Castañeiro de abril». Entrevista con Antonio Manuel Fraga, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antonio Manuel Fraga sobre o libro O Castañeiro de abril, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013.  A entrevista pode escoitarse aquí.

 

 

Literatura contra o paro

“O castañeiro de abril” trata a historia de Baltasar, un neno cego que vive nun barrio gris baixo o xugo de dúas tías crueis cuxa vida dá un envorco aventureiro cando coñece ao personaxe que dá título á novela. Antonio Fraga, natural de Pontedeume, escrebeu esta novela “O castañeiro de abril” para sandar da ansiedade do paro. Foi galardoada este ano co Premio Merlín de Literatura Infantil, de Edicións Xerais.

“Non podía ser nun lugar mellor” afirmou esta mañá Antonio Fraga ao preguntarlle polo lugar no que se presentará a súa obra. O escritor agradeceulle o labor de preparación ao bibliotecario de Pontedeume, Alexandre Cainzos.

A obra preséntase mañá venres 25 en Pontedeume nun acto no que participará o alcalde da vila Gabriel Torrente, o director de Xerais Manuel Bragado e o ilustrador Antonio Seijas. O acto comezará ás oito da tarde do venres na Casa da Cultura, na Praza do Convento de Pontedeume.

Comentarios pechados