Menu Xerais

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano.

E se alguén coidaba que o tsunami Lois Pereiro xa devalaba, Jacobo Fernández Serrano permítenos velo dende unha perspectiva diferente e pouco habitual en Lois Pereiro. Breve encontro. Definido polo autor como “un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta”, o libro partilla a condición híbrida de clásicos como o Kafka de Robert Crumb y David Zane Marowitz, a cabalo entre a biografía, o cómic e o libro ilustrado. Unha xoia da nosa literatura, ideal para ler en familia..

Comentarios pechados