Menu Xerais

Longa permanencia dos libros máis vendidos: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a pequena defunta» á que se suma «Historia das historias de Galicia»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.

O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Por quinto mes consecutivo, repiten as autoras que encabezan os apartados de Xuvenil e Infantil: Europa Express, de Andrea Maceiras, é o libro máis vendido en literatura xuvenil; e Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, o máis vendido en literatura infantil, que mantén a continuación, Escarlatina, a cociñeira defunta.

No ámbito do Ensaio, o libro máis vendido é Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert.

 

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

Comentarios pechados