Menu Xerais

Manuel Rivas participa estes días nun curso da Universidade arxentina dirixido por Alberto Manguel

O escritor Manuel Rivas atópase estes días na Arxentina participando no curso “Historia y Literatura” da Universidade Nacional de San Martin (UNSAM) dentro da iniciativa “Lectura Mundi”. Este curso está coordinado por Alberto Manguel (o autor de “Historia de la lectura” e lector de Borges). A parte dedicada á obra de Rivas titulase “De Defoe a Rivas”. O pasado día 19 de agosto, Rivas impartiu unha conferencia na Fundacion Tomás Eloy Martínez na cidade de Bos Aires.

Comentarios pechados