Menu Xerais

María Reimóndez comeza a súa estadía na Universidade de Bangor

O luns 1 de marzo comezou a estadía de María Reimóndez na Universidade de Bangor, poñendo en marcha o segundo programa da «Residencia de escritoras/es galegas/os» organizado polo Centro de Estudos Galegos en Gales. Aquí pode consultarse o programa de actos nos que participará a aclamada novelista, tradutora literaria e activista galega, que terán lugar en Bangor, Liverpool e Londres. Os eventos inclúen unha conferencia impartida pola autora na Universidade de Bangor sobre xénero e tradución, lecturas da súa novela Pirata no Centro de Estudos de Escritoras Contemporáneas (da Universidade de Londres) e unha mesa redonda con Cymdeithas Cifieithwyr Cymru (a Asociación de Tradutoras/es e Intérpretes Galesas/es).

Comentarios pechados